Piden ao Goberno central a creación dun novo xulgado en Viveiro

TerraChaXa | AMariñaXa
Piden ao Goberno central a creación dun novo xulgado en Viveiro
5 Nov 2020

Na tarde de onte debateuse e aprobouse no Parlamento unha proposición non de lei presentada polo BNG na que se pedía iniciar os trámites, previa dotación orzamentaria, para a creación dun terceiro xulgado no partido xudicial de Viveiro, instando ao Goberno do Estado para a súa aprobación. Despois dunha emenda transaccional do PP, os tres grupos políticos acordaron demandar do goberno central a creación dun novo xulgado en Viveiro, cando a criterio da Comisión Mixta entre a Xunta de Galicia e o TSXG existan as condicións obxectivas de necesidade para dita creación. Condicións que xa se dan agora mesmo, a xuízo do BNG e das traballadoras e traballadores dos xulgados.

 Inacción da Xunta e do Estado diante da saturación dos xulgados

 Tal como expuxo Daniel Castro na súa intervención, os xulgados de Viveiro están entre os mais saturados de Galiza e ata o propio Ministerio de Xustiza recoñece nun informe que superan o 200% de carga de traballo  provocando atrasos continuados, co conseguinte prexuízo non só para as traballadoras e traballadores dos mesmos senón tamén  para toda a poboación  do occidente mariñao, para os mais de 45.000 veciños e veciñas de Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela e Foz. Referiuse tamén á total inacción neste tema tanto da Consellería de Presidencia e Xustiza como do Ministerio de Xustiza e o Consello Xeral do Poder Xudicial.

 A creación do terceiro xulgado en Viveiro está mais que xustificada

Así  se expresou o deputado nacionalista, que se referiu ao enorme volume de asuntos,  dato que se pode constatar nas estatísticas do Consello Xeral do Poder Xudicial para Viveiro, que incide na superación das ratios marcadas polo propio CXPX. A creación dun terceiro xulgado sería pois o mais eficiente para descargar o traballo do Xulgado nº 1(que xestiona o rexistro civil) e o Xulgado nº 2 (con competencias a maiores en violencia de xénero).


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17547297477722