Piden na Pastoriza a reparación dunha pista que forma parte da ruta do transporte escolar
"O mal estado das infraestruturas viarias é unha das causas de accidentes de tráfico". Así o sinalan no PP de A Pastoriza, para urxir a reparación dunha pista na parroquia de Álvare, que nalgúns tramos está totalmente desfeita.
As causas do mal estado da estrada son varias, aínda que algunha ten especial incidencia no seu rápido deterioro. Esta pista forma parte dunha ruta do transporte escolar no concello de A Pastoriza. Por este motivo, é aínda máis importante, din os populares, que o Concello xestione a reparación desta vía, ben con fondos propios ben cos que poida conseguir doutras administracións. Días pasados, debido a como se encontraba a estrada, o vehículo do transporte escolar tivo que recorrer un tramo marcha atrás para seguir por outra pista.
Os populares instan ao goberno local a tomar as medidas necesarias para proceder canto antes á reparación da estrada, así como para evitar o seu deterioro.