Piden un plan de mantemento para o estadio Pepe Barrera de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O grupo do Partido Popular de Ribadeo reclama, novamente, ao Concello un plan de mantemento para o estadio Pepe Barrera.
6b418155 54a4 4f78 9d97 713486cd741d
29 sep 2020

O grupo do Partido Popular de Ribadeo reclama, novamente, ao Concello un plan de mantemento para o estadio Pepe Barrera. Así o indica o edil Tito Suárez, logo de asistir no día de onte á presentación do Ribadeo Fútbol Club realizada no Campo da Devesa debido ás malas condicións nas que se atopa o Pepe Barrera.

O popular atribúe o estado destas instalacións ao “pasotismo” do Goberno local, pois esta non é a primeira vez que dende este Grupo Municipal demandan actuacións urxentes nas mesmas. E é que, explica o concelleiro, o terreo de xogo presenta deficiencias claras debido á existencia de fungos e dun mantemento axeitado.

Neste senso, Suárez indica que “non é de recibo” que o campo estea tan deteriorado, pois “non hai moito realizáronse obras no mesmo e para as que se contou coa participación económica doutras administracións”, a pesares, di, “de que o BNG se encargou de facelas súas, incluído o propio cartel e ridiculizando así a colaboración institucional recibida”.

Por todo elo, dende o Partido Popular de Ribadeo piden “responsabilidade, traballo e actuacións rápidas” en dito campo, co fin de que este reúna as condicións necesarias para poder ser empregado canto antes polo tecido deportivo local.

0.074103116989136