Pígara, en Guitiriz, está de festa a fin de semana
TerraChaXa
A localidade de Pígara, en Guitiriz, celebra esta fin de semana, 28 e 29 de abril, as súas festas patronais, na honra á Virxe dos Milagres.
24 Abr 2023
A localidade de Pígara, en Guitiriz, celebra esta fin de semana, 28 e 29 de abril, as súas festas patronais, na honra á Virxe dos Milagres.
As celebracións darán comezo o venres, a partir das 22.00 horas dunha listada e chourizada gratuíta, que se completará coa verbena a cargo do dúo La Hora Bruja.
O sábado haberá ás 13.30 horas misa solemne seguida da procesión e a sesión vermú, que estará a cargo de Fénix.
Este mesmo grupo amenizará a verbena xunto ao grupo Beatriz.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.