O pilates volve en setembro a Sebedeavades e Seixosmil

TerraChaXa
A actividade está aberta a persoas de todas as idades e condición física
clases-pilates-goberno-portada
27 Jul 2025

Os lugares de Sebedeavades e Seixosmil acollerán de novo clases de Pilates a partir de setembro, ofrecendo unha oportunidade perfecta para coidar o corpo e mellorar a saúde de forma progresiva e segura.

As sesións terán lugar os venres ás 16:00 horas, sendo o prazo de inscrición durante o mes de xullo e a partir do 18 de agosto. As persoas interesadas en reservar praza poden facelo chamando ao 686 920 878.

A actividade está aberta a persoas de todas as idades e condición física, ofrecendo un espazo de exercicio e benestar en grupo, contribuíndo á saúde física e mental, á vez que se fomenta a convivencia veciñal no rural.

"Entrena o teu corpo” é a mensaxe coa que se presenta esta iniciativa, que continuará co traballo realizado en anteriores edicións e que conta cunha ampla aceptación nas parroquias.

⚙ Configurar cookies
0.15928196907043