Pinchos de pataca en Vilalba
TerraChaXa
Se os pinchos de tortilla foron os protagonistas na hostalería vilalbesa a pasada fin de semana, esta será a quenda da "Ruta do pincho da pataca".
29 Nov 2017
Se os pinchos de tortilla foron os protagonistas na hostalería vilalbesa a pasada fin de semana, esta será a quenda da "Ruta do pincho da pataca".
A asociación de empresarios Sete Pontes de Vilalba fan protagonista así á pataca ao ser unha das zonas da IXP Pataca de Galicia por formar parte de moitos pratos: patacas recheas, patacas á rioxana, empanada de pataca, etc.
Estes e outros preparados poderanse degustar entre este xoves 30 de novembro e o 3 de decembro en once locais asociados: Xalundés, O Porrás, Cervexería Lembranzas, Mesón O Carballo, Café Vintage Alborada, Café Bar Cristal, Centro Cultural, A Lareira, Café Bar Pafe, Tapería O Porrón e Café Bar Estudiante.