Piñeiro celebra o seu xantar popular o 31 de maio con música e gastronomía tradicional

TerraChaXa
A data límite para retirar os tíckets é o domingo 25 de maio
xantar-popular-pineiro-xermade
23 May 2025

O sábado 31 de maio, a parroquia de Piñeiro, no concello de Xermade, acollerá unha nova edición do seu tradicional xantar popular, unha cita gastronómica e festiva organizada pola comisión de festas Piñeiro 2025 coa colaboración do Concello de Xermade.

A xornada comezará ás 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada pola artista Angie. A partir das 14:30 horas dará comezo o xantar, no que os asistentes poderán desfrutar dun completo menú composto por paella, polbo, churrasco mixto con criollo e patacas, ademais de sobremesa, café e licores. O servizo correrá a cargo do Catering Rochela. O prezo do xantar é de 35 euros por adulto, mentres que os nenos e nenas de ata 10 anos poderán asistir de balde.

As entradas poden adquirirse nos establecementos Severiano Agrocomercial (Mª Carmen) e Peluquería A Tu Estilo (As Pontes), ou ben contactando coa organización. A data límite para retirar os tíckets é o 25 de maio.

Tralo xantar, a festa continuará pola tarde cunha verbena a cargo da mesma artista, Angie. A organización lembra que o aforo é limitado.

⚙ Configurar cookies
0.16417598724365