Pino, en Cospeito, está de festa esta fin de semana

TerraChaXa
Estarán os grupos M3 Show, Manhattan e Explosión
festas-fogos-artificiais-celebracion
19 sep 2024

Este sábado, 20 de setembro, darán comezo en Pino, en Cospeito, as festas na honra á Virxe dos Dolores.

Os actos arrancarán ás 13.30 horas coa misa solemne, á que seguirá a procesión e unha sesión vermú que estará a cargo do grupo M3 Show.

Este mesmo repetirá na verbena xunto ao trío Manhattan.

O domingo haberá misa ás 14.00 horas tamén con procesión e a sesión vermú de fin de festa estará a cargo do dúo Explosión.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

0.18222117424011