Pintamos, o programa artístico-educativo de formación feminista chega a Ribadeo en xullo

TerraChaXa | AMariñaXa
17 Xuño 2019

A 7H Cooperativa Cultural vai realizar a actividade Pintamos, un programa artístico-educativo de formación feminista para nenas e mozas que terá lugar en Ribadeo do luns 15 ao venres 19 de xullo.
Esta actividade, está organizada en colaboración con Arabías S.Coop. Gal. e será na Casa da Xuventude de Ribadeo. As inscricións son de balde até cubrir as prazas.
O luns 15, martes 16 e mércores 17, de 11.00 a 13:00 horas serán as sesións teóricas. Onde haberá unha introdución á teoría de xénero a partir da identificación e comprensión colectiva do impacto sobre as nosas identidades de mecanismos patriarcais (como os estereotipos, os roles de xénero e as violencias machistas), aos que as participantes aprenderán a cuestionar con ferramentas que promoven a igualdade.
O xoves 18 e venres 19, de 10:00 a 18:00 horas tocarán as prácticas coa apropiación e aplicación do traballo teórico previo mediante a realización colaborativa dunha intervención artística mural con perspectiva de xénero, involucrando ás cativas na transformación igualitaria da súa contorna a partir dunha aproximación ás técnicas e linguaxes da arte urbana.

0.188148021698