Pipi Mediaslongas abre a programación de marzo dos Xoves na Biblio
Pipi Mediaslongas abre o día 7 a programación dos Xoves na Biblio das Pontes e que constará de tres actividades.
Así, comezarán coa actividade Pippi mediaslongas: a nena máis forte do mundo, de Gemola. Nenas e nenos de todo o mundo temos pasado horas inesquecibles de lectura ao abeiro das aventuras e das extravagancias de Pippi Mediaslongas, do seu mono señor Nilsson e do seu cabalo. Diversión, tenrura e humor, optimismo e ledicia son ingredientes deste clásico universal e imprescindible; dun personaxe literario convertido nunha icona contemporánea.
A representación terá lugar ás 18.00 horas na Casa Dopeso para nenos a partir de 3 anos.
A próxima semana será a vez do espectáculo para bebés Bos Días Leo!, do grupo Trémola. Rematarán o 21 con A landra viaxeira e o amigo lambón, de Charlatana, unha actividade para nenos a partir de 2 anos.
Tamén estes serán na Casa Dopeso a partir das 18.00 horas.