Piscinas e campamento infantil, entre as actividades previstas en Riotorto

TerraChaXa
O Concello de Riotorto abre o día 29 de xullo as instalacións da piscina municipal, que se manterán activas ata o 9 de setembro sempre que o tempo o permita.
28 Xuño 2018

O Concello de Riotorto abre o día 29 de xullo as instalacións da piscina municipal, que se manterán activas ata o 9 de setembro sempre que o tempo o permita. O horario de uso será de 12.00 a 21.00 horas de luns a domingo. As instalacións sufriron un proceso de limpeza e mantemento antes da súa apertura, que coincidirá coa celebracións das festas.

CAMPAMENTO. Por outra banda, o Concello organizará tamén un campamento de verán entre o 30 de xullo e o 4 de agosto dirixido a nenos de 3 a 14 anos no que se celebrarán actividades de todo tipo entre as que figura unha viaxe ao parque acuático de Cerceda.

O prazo para anotarse a este campamento xa está aberto.

0.18519592285156