Píscore chega ao Vicedo con música e moito humor

TerraChaXa | AMariñaXa
25 Dec 2020

O vindeiro sábado, 26, ás 18.30 horas, Píscore deleitará ao Vicedo na Casa da Cultura cun espectáculo que desbalde autenticidade: “Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante”.

Os catro artistas achegarán aos mariñaos “música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público”.

A entrada para poder gozar da actuación será de balde pero, para garantir a seguridade de todos e todas, o aforo está limitado a un total de 60 prazas das 236 butacas dispoñibles.

 

0.17580604553223