Pódium para as palistas infantís das Pontes no campionato galego

TerraChaXa
As padexeiras pontesas do Xuvenil-Matojoma remataron cunha expléndida actuación na pista pontevedresa de Verducido subindo ao terceiro escalón do podium no k2 1000 m na categoría Infantil-A.
adaines_podium 768x432
27 Jul 2019

As padexeiras pontesas do Xuvenil-Matojoma remataron cunha expléndida actuación na pista pontevedresa de Verducido subindo ao terceiro escalón do podium no k2 1000 m na categoría Infantil-A.

Esto pola tarde, porque o mesmo sábado pola mañá xa se meteran as dúas na final da súa categoría en k1 onde remataron 6ª (Ada) e 9ª (Inés).

O domingo tocoulles o turno aos cadetes. Nesta categoría Celia Durán meteuse na final A onde rematou 9ª en k1 500 m, Pablo Vispalia e Lucas Valle foron 8º na final -B de k2 1000 m e Antón García quedou fora dos postos de final pero cun meritorio 27º posto nas series contra o reloxo de k1.

Esta fin de semana volverán á pista de Verducido, esta vez para desputar o Campionato de España de Pista para Novas Promesas (Infantil e Cadete).

O equipo de Kayakpolo tamén se desprazou a Verducido para o 3º Torneo da liga galega da modalidade, onde remataron na 5ª posición.

0.16870212554932