Pol acolle a cuarta edición do campus de baloncesto Kingtela

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Participan uns 150 rapaces e rapazas de 7 a 18 anos
campus-kingtela-pol-baloncesto
Xogando ao baloncesto no campus Kingtela de Pol
5 Xul 2024

A Xunta de Galicia colabora coa cuarta edición do campus Kingtela, que se desenvolve estes días en Pol organizado e dirixido polos xogadores de baloncesto Erik e Sergi Quintela.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, visitou aos participantes, uns 150 rapaces e rapazas de 7 a 18 anos. Durante a semana que dura o campus contan cun equipo de preparadores que guían as sesións de adestramento e exercicio físico, competicións e xogos.

Arias destacou que a Xunta apoia en toda a provincia de Lugo numerosas actividades que se están a levar a cabo durante o verán coas que se fomenta a práctica de deporte entre os máis pequenos e se favorece a conciliación familiar. Ao mesmo tempo, os campamentos organizados polo Goberno galego ofrecen máis de 11.500 prazas en instalacións de toda a Comunidade.

0.10255193710327