Pol acolle dúas obras de teatro do programa Buxiganga
TerraChaXa
O Centro Sociocultural de Mosteiro, en Pol acollerá este outono dúas obras de teatro dentro do programa Buxiganga, organizado pola Deputación Provincial co obxectivo de achegar o teatro afeccionado a todos os públicos.
28 sep 2018

A primeira destas obras será este sábado, 29 de setembro, ás 22:00 horas, cando Metátese Teatro porá en escea a obra O Euromillón.
A segunda das representacións terá lugar o 3 de novembro, tamén ás 22:00 no mesmo centro sociocultural. Nesta ocasión será Lume Escénico o que represente Hotel Rosamar.