Pol acolle este mércores unha charla sobre as xestións nas administracións

Pol
TerraChaXa | LugoXa
Pol acolle este mércores 30 ás 12.30 horas unha charla informativa sobre as xestións nas administracións públicas
charla administracion oparamo portada
29 Nov 2022

Este mércores, 30 de novembro, ás 12.30 horas terá lugar no centro sociocultural de Pol a charla informativa A Administración Cerca de Ti, que pretende axudar ós habitantes dos pobos para que poidan realizar xestións por vía telemática nas distintas administracións públicas.

Este programa piloto que beneficiará a un total de 7,5 millóns de habitantes de pobos pequenos de toda España ó recibir servizos da Administración Xeral do Estado nos seus concellos, foi presentado pola ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez.

Tal e como agirma Rodríguez o que se busca é "facilitar que os habitantes dos pobos non teñan que desprazarse e poidan realizar os trámites dende o seu municipio".

O obxectivo do Gobierno é achegar a Administración á ciudadanía para fortalecer a cohesión social e territorial, combater a brecha dixital e reforzar a igualdade de oportunidades, segundo a ministra "transformando o noso país e facendo unha Administración máis útil e próxima".

A primeira fase da iniciativa, impulsada dende o Ministerio de Política Territorial conxuntamente co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, desenvolverase nun total de 3.200 municipios españois.

Agora é a quenda de Pol, un día no que os cidadáns só tenrán que desprazarse ao centro sociocultural para contar coa súa firma dixital, coa que poderán acceder ós trámites e servizos dixitais, evitando desprazamentos innecesarios e o custe económico que iso representa.

O obxectivo é informar ós cidadáns dos trámites e prestacións, acompañalos, axudalos, orientalos para un mellor aproveitamento da Administración e combater as fendas dixitales, territoriais e de xénero.

charla administracion cerca de ti pol
0.12649989128113