Pol acolle o obradoiro infantil que conxuga a gastronomía e a literatura

Pol
LugoXa | TerraChaXa
'Sabores do pasado, praceres do presente' tivo lugar para adultos os domingos 16 e 23 de febreiro e segue o 2 de marzo para nenos
taller-cocina-pol
25 Feb 2025

A gastronomía tradicional da Reserva da Biosfera Terras do Miño está a ser a protagonista dun innovador obradoiro de cociña con interpretación literaria, onde un chef elabora un menú degustación que reinterpreta as receitas que sustentaron xeracións criadas na economía de autoconsumo.

Trátase de elaboracións sinxelas, pero cheas de historia e enxeño, pratos que foron considerados humildes e que hoxe se redescobren como delicias de alto valor culinario. Escritores como Emilia Pardo Bazán e Álvaro Cunqueiro xa recolleron a importancia destas receitas nos seus escritos, resaltando o seu papel na cultura gastronómica galega.

Sabores do pasado, praceres do presente inclúe no menú degustación pratos tradicionais como as sopas de burro canso, os faragullos e as patacas gobernadas, elaborados con ingredientes procedentes das hortas de autoconsumo. O obradoiro tivo lugar en Pol, na Casa Chaín, os días 16 e 23 de febreiro para adultos, e o 2 de marzo será para nenos e nenas, ás 16:30 horas.

A participación é gratuíta, pero as prazas son moi limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse a través deste enlace.

0.16665697097778