Pol acolle un obradoiro de tapicería
TerraChaXa | LugoXa
Pol organiza un obradoiro de tapicería que se desenvolverá durante os días 10 e 11 de xuño. O vernes de tardee o sábado, de mañá.
4 Xuño 2022
O Concello de Pol organiza un obradoiro de tapicería que se desenvolverá durante os días 10 e 11 de xuño. O vernes será en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas e o sábado, de mañá entre as 10.00 e as 14.00 horas.
O taller instalarase na caseta da Carballeira de Mosteiro e para participar será necesaria a inscrición previa no número 982 345 029 ou nas propias oficinas municipais.
Este obradoiro está realizado e patrocinado pola Dpeutación de Lugo dentro do programa Reserva da Biosfera Terras do Miño.