Pol acolle unha charla sobre o dano cerebral adquirido

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Esta sesión, que se desenvolverá o luns a partir das 17.00 horas, ten como obxectivo sensibilizar e informar á comunidade sobre este problema
charla-dano-cerebral-adquirido-pol
17 Oct 2025

O luns, 20 de outubro, terá lugar na Caseta da Carballeira de Pol unha charla informativa titulada Coñecendo o Dano Cerebral Adquirido (DCA). Esta sesión, que se desenvolverá a partir das 17.00 horas, ten como obxectivo sensibilizar e informar á comunidade sobre o dano cerebral adquirido, un problema de saúde que afecta a moitas persoas e que require apoio especializado.

A charla contará coa intervención de Pablo Freire Portela, traballador social da asociación Dano Cerebral Lugo, quen explicará en que consiste o DCA, as súas causas, consecuencias, e os recursos dispoñibles para as persoas afectadas e as súas familias.

Esta actividade, organizada en colaboración coa asociación Dano Cerebral Lugo e o Concello de Pol, é aberta ao público e busca proporcionar información útil para comprender mellor esta condición e apoiar a integración das persoas afectadas na sociedade.

Para máis información, os interesados poden contactar coa asociación Dano Cerebral Lugo a través do correo electrónico traballosocial@adacelugo.org e o teléfono 663 085 391.

⚙ Configurar cookies
0.085717916488647