Pol acolle unha proba internacional hípica esta fin de semana

Pol
TerraChaXa | LugoXa
Pol convertirase esta fin de semana na capital do Raid xa que acollerá unha varias probas do Campionato de España de Veteranos e Amateur .
raid pol portada
1 Xul 2021

Pol convertirase esta fin de semana na capital do Raid xa que acollerá unha varias probas do Campionato de España de Veteranos e Amateur e o Campionato Internacional Puntuable para o ránking da Federación Internacional.

As probas repartiranse o sábado e o domingo e reunirán entre as dúas sesións entre 80 e 100 cabalos e os seus respectivos xinetes. Polo tanto acudirán a Pol participantes de toda España e outros vidos de países como Arxentina, Arabia Saudí e mesmo Kuwait.

Así, o sábado terá lugar a competición para unha distancia de cen quilómetros, que o domingo ampliarase ata os 120, a proba estrela da xornada. Malia a alta participación, serán só unha ducia deles os que puntuarán na internacional.

Os títulos de campión de España de veteranos e amateur xogaranse esta fin de semana en Pol. No segundo caso, os galegos defenderán o ouro que obtiveron o ano pasado.

O Raid é a proba por excelencia do binonio cabalo/xinete que require dun importante esforzo físico e mental. A proba estrela do domingo dividirase en catro fases, de 38, 34, 26 e 24 quilómetres respectivamente, con 40 minutos de descanso entre cada unha.

Para a realización desta competición, o Concello de Pol vén de acondicionar as futuras instalacións deportivas que se están contruíndo en Mosteiro para acoller a gran infraestrutura necesaria para este evento. De feito, veñen de instalar 50 cuadras portátiles para instalar os animais que comerán a chegar mañá a Pol.

A vila volcouse coa celebración da proba, como explica o organizado do evento, Pablo López, "ofrecendo todo tipo de facilidades para a instalación dunha infraestrutura tan grande". Ademais, xa tiveron fai un mes a experiencia que supuxo o test internacional tamén puntuable realizado conxuntamente co campionato galego, o que os impulsou a traer a Mosteiro unha proba hípica desta envergadura.

Ademais Pablo López lembra que "os camiños que hai no concellos son moi bos para a realización desta proba".

instalacions deportivas pol raid
campeonato raid pol
0.18555402755737