Pol acolle unha xornada sobre envellecemento dentro do programa Xunt@s

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O programa Xunt@s continúa con actividades no concello de Pol.
envellecer de forma activa charla portada
12 Apr 2024

O programa Xunt@s continúa con actividades no concello de Pol. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que, da man dos municipios da provincia, busca contribuír ao envellecemento activo no rural a través de actividades gratuítas de lecer e formación.

Nesta ocasión será unha charla sobre envellecemento activo, que terá lugar o luns 15 de abril, ás 18.00 horas, no centro sociocultural de Mosteiro.

Son xornadas dirixidas a toda a poboación maior de idade.

0.16003012657166