Pol acollerá un campus multideporte durante o verán
O Concello de Pol, en colaboración coa APSX Sagrado Corazón e o club Emevé, organizan para os días 23, 24, 25, 28, 29 e 30 de xuño e 1 e 2 de xullo un campus de multideporte que se desenvolverá entre Mosteiro e Lugo.
Este celebrarase nas instalacións da área deportiva de Pol e está dirixido para nenos nados entre o 2009 e 2015. O campus será de 10 a 19.30 horas con almorzo, comida e merenda incluídos, e haberá servizo de transporte gratuíto.
Serán catro campus a celebrar de maneira simultánea, de fútbol, fútbol sala, pádel e básket e a maiores haberá actividades conxuntas como excursións, piscina, visitas, tiro con arco.. Todos os monitores son titulados nas súas disciplinas, e en tempo libre e socorrismo.
A inscrición ten un prezo de 100 euros, con desconto do 50% para os nenos empadroados en Pol, e 60% para irmáns. Coa inscrición entregarase aos nenos un pack con roupa deportiva que inclúe dúas camisetas, dous pantalóns e unha gorra.
A folla de inscrición deberá ser entregada ao responsable de deportes de cada colexio ou club ou enviala a ajsc_lugo@hotmail.com antes do 11 de xuño.
Para máis información haberá que poñerse en contacto con Alberto ou Rubén nos teléfonos 628 857 935 e 626 765 574.