Pol celebra a II Xuntanza das Letras Galegas o venres

Pol
TerraChaXa
Por segundo ano consecutivo, a Asociación de Mulleres Rurais e o Concello de Pol organizan a Xuntanza das Letras Galegas, que terá lugar na carballeira de Mosteiro o venres 17 de maio cun programa que arrincará ás 12.
Captura de pantalla 2019 05 14 a las 15.04.36
14 May 2019

Por segundo ano consecutivo, a Asociación de Mulleres Rurais e o Concello de Pol organizan a Xuntanza das Letras Galegas, que terá lugar na carballeira de Mosteiro o venres 17 de maio cun programa que arrincará ás 12.30 horas cun pasarrúas a cargo da Asociación de música tradicional Xaora.

Unha hora más tarde terá lugar o pregón, que estará a cargo de María Concepción Fernández Löpez profesora da Facultade de Humanidades de Lugo.

Como o ano pasado, o programa tamén contará cun xantar baixo carpa elaborado pola asociación de mulleres seguido dunha demostración de complementos de moda.

Pola tarde haberá xogos populares, dos que se encargará Vingolea e nos que poderán participar enenos e adultos. Esta sesión estará amenizada pola actuación do Dúo Muralla, que amenizará a tarde.

Complementa a xornada unha expsición de coches antigos e clásicos a cargo da Asociación Lucense de Autonóviles.

O menú do xantar constará de ensaladilla, polo ao ajillo con patacas, postre, café, pan e bebida por un prezo de 12 euros. Os vales para a comida pódense adquirir nos establecementos públicos do Concello antes do 15 de maio.

6ab1ccd0 9156 4546 8dbb b978376dcd96

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17669296264648