Pol Collel Sabaté será o xuíz do concurso da Moexmu 2023

TerraChaXa
Pol Collel Sabaté, natural de Manlleu (Barcelona – 1985), será o vindeiro xuiz do Concurso de Gando de Muimenta, Moexmu
xuiz moexmu pol
24 Xan 2023

A comisión organizadora da XXXIX edición da Mostra Exposición de Muimenta, Moexmu, continúa coas súas reunións de traballo.

Pol Collel Sabaté, natural de Manlleu (Barcelona – 1985), será o vindeiro xuíz do Concurso de Gando de Muimenta, que celebra o seu XXXVII aniversario. Este gandeiro catalán, ocupase na actualidade da xestión da granxa familiar EL Campgran, na que se manexan 170 vacas en ordeño, dun total dunhas 330 cabezas, cunha media de calificación morfológica de 84,50, unha media de producción por vaca e día de entre 37 e 42 libros.

A súa experiencia como xuíz de Conafe, en activo dende o 2015, xulgando certámenes de distinta categoría ao longo da xeografía de España.

Pol Collel xa estivo no concurso de gando da Moexmu na edición celebrada no ano 2016.

A data de celebración serán entre o venres 31 de marzo e o domingo 2 de abril do 2.023, e as edicións a celebrar son a XXXIX da Mostra Exposición de Muimenta, a XXXVII Concurso de Gando Frisón, a XXXVII Exposición de Gando de Raza Rubia Galega e a XXVII Poxa de Gando Selecto.

0.19337105751038