Pol convida aos seus maiores a unha comida o día 23

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Pol organiza a XXIX Comida da Terceira Idade que se celebrará o vindeiro domingo 23 de outubro na carballeira de Mosteiro.
carpa carballeira pol festa emigrante
17 Out 2022

O Concello de Pol organiza a XXIX Comida da Terceira Idade que se celebrará o vindeiro domingo 23 de outubro na carballeira de Mosteiro baixo unha carpa climatizada.

As actividades previstas comezarán ás 13.00 cunha misa seguida do xantar, ao que convida o Concello. Con todo, as persoas interesadas deben confirmar a súa asistencia antes do luns 17 de outubro nas oficinas municipais ou a través dos teléfonos 982 345 029 e 982 345 038.

Tamén haberá animación musical.

0.10362505912781