Pol: Maioría para Rodríguez Ónega

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O alcalde socialista revalida a superioridade nos sufraxios pero perde un concelleiro en favor dun PP renovado, que só sumou 37 votos
candidatura psoe lino rodriguez onega pol
31 Maio 2023

O alcalde socialista revalida a superioridade nos sufraxios pero perde un concelleiro en favor dun PP totalmente renovado, que só sumou 37 votos.

CONCELLEIROS ELECTOS

◆ Lino Rodríguez Ónega (PSOE)
◆ José Luis Ramudo Andión (PSOE)
◆ Marina Ramudo Graña (PSOE)
◆ Ana Belén Seco Morado (PSOE)
◆ Sonia Cervantes Rivas (PSOE)
◆ César Valiña Irimia (PSOE)
◆ Nicole Grueira Fernández (PP)
◆ Enrique Rodríguez Rodríguez (PP)
◆ Branca Fernández Martínez (BNG)

Lino Rodríguez Ónega mantén o seu posto de alcalde de Pol recollendo unha nova e importante maioría para os socialistas da provincia. Lino chegou ao Concello no ano 2007 e levaba crecendo desde aquela data. Nesta ocasión perde un concelleiro en favor dun Partido Popular renovado.

Malia a baixada, Lino Rodríguez acaparou o 61,7 % dos sufraxios, un total de 705. Perdeu máis de 130 votos, mentres que os populares só necesitaron gañar 37 para arrebatarlle ao PSOE o seu segundo concelleiro.

No resto de datos moita estabilidade. A abstención é baixa e practicamente igual ao 2019, o 17,13%.
Ademais de crecer o voto popular en forma dun segundo concelleiro, o BNG tamén subiu en votos, outros 40, pero queda coa mesma representación na corporación.

Deste modo, Pol repetirá rexedor por cuarta lexislatura consecutiva de cor vermella e cun alcalde que tamén foi deputado.

Entre os proxectos máis inmediatos que anunciou que levará a cabo nos próximos catro anos figura levar a auga a Torneiros e a remodelación da reitoral na parroquia de Suegos, sobre a que xa existe proxecto e financiamento.

No banco da oposición popular sentarase unha moi moza activista política, Nicole Grueira.

Aos seus 21 anos é estudante de Ciencia Política e da Administración e foi a primeira candidata nada neste século que se presentou. Estará acompañada por Enrique Rodríguez, enxeñeiro forestal e funcionario de carreira desde o ano 2003 do corpo de enxeñeiros forestales da Xunta.

Tamén haberá cambios polo BNG xa que ocupará o único asento nacionalista a cabeza de lista, Branca Fernández Martínez, veciña de Mosteiro e mestra.

pol1923
Pol Barras
0.19285893440247