Pol organiza un campamento de verán

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Pol organiza un novo campamento de conciliación para rapaces de 4 a 14 anos de idade entre o 12 de xullo e o 8 de agosto.
campamento Pol portada
5 Xul 2021

O Concello de Pol organiza un novo campamento de conciliación para rapaces de 4 a 14 anos de idade.

O campamento terá lugar entre o 12 de xullo e o 8 de setembro en horario de mañá, de 10 a 14.00. horas.

Durante o mesmo desenvolveranse actividades artísticas, medioambientais, sociais, emocionais, de igualdade, deportivas, tecnolóxicas e excursións entre outras.

As prazas son limitadas e a inscrición debe realizarse antes de que remate o día de mañá, 6 de xullo, a través do rexistro do Concello. A selección realizarase en función da renda.

Darase máis información a través do teléfono 982 345 029.

campamento pol
0.099557161331177