Pol organiza un campamento de verán

Pol
LugoXa | TerraChaXa
As prazas son limitadas e a inscrición debe realizarse antes de que remate o día 26 de xuño
campamento-de-veran-pol
10 Jun 2025

O Concello de Pol organiza un novo campamento de conciliación para rapaces de 3 a 14 anos de idade.

O campamento terá lugar nos meses de xullo e agosto nas instalacións deportivas do CEIP Rosalía de Castro en horario de mañá, de 10 a 14.00 horas. Os grupos organizaranse por semanas.

Durante o mesmo desenvolveranse actividades artísticas, medioambientais, sociais, emocionais, de igualdade, deportivas, tecnolóxicas e excursións entre outras.

As prazas son limitadas e a inscrición debe realizarse antes de que remate o día 26 de xuño, a través do rexistro do Concello. A selección realizarase en función da renda.

⚙ Configurar cookies
0.15922808647156