Pol prepárase para celebrar o día 30 o seu xantar dirixido á terceira idade

Pol
TerraChaXa
O Concello de Pol celebrará o sábado 30 de marzo a súa comida anual da Terceira Idade, que nesta ocasión chega á XXIVVV edición.
20 Mar 2019

O Concello de Pol celebrará o sábado 30 de marzo a súa comida anual da Terceira Idade, que nesta ocasión chega á XXIVVV edición.

Os actos darán comezo ás 12.00 horas cunha xornada de portas abertas na residencia de maiores, no que durante unha hora todos os interesados poderán ver as instalacións deste centro que aínda non abriu as súas portas.

A continuación, ás 13.30 horas, haberá misa xusto antes do xantar. Ambas as dúas actividades terá lugar nunha carpa situada na Carballeira de Mosteiro.

Os intesados en sumarse a esta celebración deberán confirmar asistencia antes do 26 de marzo nas oficinas municipais ou a través dos números de teléfono 982 345 029 e 982 345 038.

0.13875007629395