Pol recibe unha achega para subvencionar o proxecto de dixitalización do arquivo

Pol
TerraChaXa
O Concello de Pol vén de recibir unha subvención da Unión Europea para subvencionar o Proxecto de dixitalización de manuscritos contemporáneos do arquivo do Concello.
2 sep 2019

O Concello de Pol vén de recibir unha subvención da Unión Europea para subvencionar o Proxecto de dixitalización de manuscritos contemporáneos do arquivo do Concello.

Con este proxecto o Concello de Pol convírtese no primeiro en recibir unha achega por dito moitvo, xa que se concede co obxectivo de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia. Esta subvención, en réxime de concorrencia competitiva, está cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, obxectivo temático de garantir un mellor uso das tecnoloxías da información, para a posta en marcha do Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo - Dixitalización do patrimonio cultural.

O proxecto comezou en Pol no mes de marzo e ten un prazo de execución ata finais de novembro. Ata o de agora xa están dixitalizados o 80% do total de 72.500 páxinas de documentos antigos de finais do século XIX e comezos do XX. Estes documentos estaban en grave proceso de deterioro, a maioría manuscritos, o que impedía a súa manipulación.

Aínda que o proceso de escaneado está case terminado aínda queda ao clasificación e introdución de metadatos, un proxecto aínda más longo no que están traballanado arreo a arquiveira municipal e unha empresa de consultoría de Santiago.

Os fondos europeos que recibe agora o Concello de Pol ascenden a 42.000 euros e cubren o custe total do proxecto.

0.20260000228882