Pol, Vilalba e Guitiriz seguen traballando na loita contra a vespa velutina

TerraChaXa
O concello de Pol recibiu estes días un equipo de protección individual para a loita contra a vespa velutina, e aos concellos de Carballedo e Ribas de Sil sendas pértegas, material cedido pola Consellería do Medio Rural para a loita contra a vespa velutina.
3 Nov 2018

O concello de Pol recibiu estes días un equipo de protección individual para a loita contra a vespa velutina, e aos concellos de Carballedo e Ribas de Sil sendas pértegas, material cedido pola Consellería do Medio Rural para a loita contra a vespa velutina.

Actualmente o plan conta con 123 municipios galegos na retirada dos niños desta especie, que non é máis agresiva que a vespa autóctona. Por iso, a Xunta de Galicia solicita que non se cree unha alarma social innecesaria e lembra que, no caso de localizar un niño, os cidadáns non se deben achegar a el senón chamar ao teléfono gratuíto 012, para que os especialistas poidan actuar no seu control. No seu caso, deben prestar atención ante a posible presenza de niños ocultos as persoas que realizan desbroces ou talas de árbores, especialmente no caso de persoas aléxicas ás picaduras de insectos.

A provincia lucense conta con 14 concellos adheridos ao Plan de vixilancia e control da vespa velutina entre os que están os chairegos de Pol e Vilalba, aos que se suman Carballedo, Castroverde, Foz, Mondoñedo, Negueira de Muñiz, Ourol, Pantón, O Páramo, a Pobra de Brollón, Ribas de Sil, Sarria e O Vicedo.

Ademais dos concellos colaboradores, participan nos labores de retirada de niños os Grupos de Emerxencias Supramunicipais, que en Lugo están adscritos aos concellos de Cervo, A Pontenova, Guitiriz, Becerreá, Monterroso, Folgoso de Caurel e Quiroga, así como persoal da administración autonómica.

Dentro do plan de control os concellos colaboradores recibiron 527 equipos de protección individual e 167 pértegas para acadar aos niños en altura. Ademais, distribuíronse 13.267 trampas aos apicultores, coas correspondentes doses de líquido atraente, e a maiores 5.404 botes de líquido atraente e 40.782 monodoses.

O dito plan compleméntase coa formación do persoal das unidades participantes con 34 cursos aos que asistiron 1.329 técnicos.

0.056749105453491