Poñen en marcha un sistema de reforzo social e educativo en Parga

TerraChaXa
Cada semana os nenos e nenas usuarios do programa desfrutarán dun espazo para recibir o apoio da man de profesionais
educacion-escolar-alumnos-colexio
9 Dec 2024

O Concello de Guitiriz e a ONGD Presencia Gitana poñen en marcha un programa de reforzo social e educativo para todas aquelas crianzas que o precisan en Parga.

Cada semana os nenos e nenas usuarios do programa desfrutarán dun espazo para recibir o apoio da man de profesionais da entidade nas instalacións municipais.

Con esta medida o Concello crea unha nova alianza de colaboración e dá resposta ás necesidades da cidadanía.

0.16720986366272