Poñen en valor a obra gañadora do certame de fotografía
TerraChaXa
A fotografía gañadora do concurso MuXer, Muller de Xermade Sempre Galega preside dende agora o salón de plenos do Concello de Xermade.
5 Ago 2021
A fotografía gañadora do concurso MuXer, Muller de Xermade, que leva por título Sempre Galega, preside dende agora o salón de plenos do Concello de Xermade.
Esta peza, realizada por Carmen Blanco Purriños, foi premiada pola súa calidade e representación da esencia feminina desta localidade chairega. A gañadora recibiu 300 euros no mes de marzo, cando foron entregados os galardóns.
Laureano de Bernardo Paz, por Nunca é tarde, con 200 euros de premio, e Leticia Alvite Pernas, coa foto Estercando na leira das patacas, foron os outros dous finalistas.