Ponte de Outeiro acolle esta fin de semana a novena Festa da Troita do Río Miño

TerraChaXa | LugoXa
Amigos do Miño celebrará do 22 ao 23 abril a súa 7ª festa da Troita do Río Miño na que lembrará a David García ' Tuercas'
12 Apr 2024

A sociedade deportiva e cultural Amigos do Miño ten previsto celebrar o sábado 13 abril a súa novena Festa da Troita do Río Miño na localidade de Ponte de Outeiro, en Castro de Rei.

A festa dará comezo na noite do venres 12 de abril ás 22.00 horas co sorteo de dorsais para así, o sábado 23, comezar os concursos ás 9.00 horas.

Xa para as 13.00 horas estará rematado o concurso e farase a pesaxe das pexas capturadas. Acto seguido será o xantar de irmandade, precedido da sesión vermú que inclúe sobremesa a cargo do dúo Epo-K. Finalmente pola tarde, ás 17.00 horas, será a entrega dos trofeos.

Completarase a programación con xogos populares a partir das 18.00 horas e a verbena, na que ademais de Epo-K estará tamén a orquestra Claxxon.

De madrugada tamén está prevista a actuación de Eventec e Comedeejay.

Para participar é necesario anotarse antes do 8 de abril e ademais hai un número de prazas limitadas. Para facelo haberá que chamar aos teléfonos 637 992 204 e 609 887 719. Ten un prezo de 45 euros, xantar incluído. A venda de tíckets é no restaurante Cabuxo de Muimenta e Deportes A Chaira en Castro Ribeiras de Lea.

0.10241198539734