Ponte de Outeiro celebrará unhas festas diferentes

TerraChaXa | LugoXa
A comisión de festas de Ponte de Outeiro, en Castro de Rei, ten previsto celebrar entre o 10 e o 12 de setembro as súas festas patronais.
PONTE DE OUTEIRO FESTAS_PORTADA
25 Ago 2021

A comisión de festas de Ponte de Outeiro, en Castro de Rei, ten previsto celebrar entre o 10 e o 12 de setembro as súas festas patronais, cun contido moi diferente ao habitual, condicionado pola covid.

Así, as festas darán comezo o venres 10, ás 20.00 horas, coa actuación de Andrea Méndez en concerto. Será no campo da festa.

Ao día seguinte, ás 19.00 horas, abrirá unha mostra de imaxes do pobo que foron recollidas durante estes días previos entre todos os veciños. A mostra estará situado no campo da festa e será previa ao concerto que terá lugar ás 20.00 horas a cargo de Quinteto 555. As dúas citas serán tamén no campo da festa da parroquia.

Finalmente, o domingo haberá misa solemne con música en directo a partir das 13.00 horas para continuar con pasarrúas con gaiteiros.

Este programa, no que se cumprirá con todas as medidas de seguridade sanitaria, está deseñado para evitar a propagación do virus.

PONTE DE OUTEIRO FESTAS
0.21266508102417