Ponte de Outeiro dará inicio ás súas festas cuns pinchos veciñais o venres

LugoXa | TerraChaXa
O sábado, iniciarase o día cunha sesión matinal diante da igrexa a cargo de Cerna de Árbol e Asubíos da Chaira
festas-ponte-de-outeiro
8 Sep 2025

A localidade de Ponte de Outeiro, en Castro de Rei, estará de festas os días 12, 13 e 14 de setembro. O venres, a partir das 22.00 horas, contarase con pinchos veciñais e coa actuación estelar de Verónica Cambón e Eventec.

O sábado, iniciarase o día cunha sesión matinal diante da igrexa a cargo de Cerna de Árbol e Asubíos da Chaira. Seguidamente, terá lugar a misa, que será cantada pola coral Polifónica Virxe do Monte, e dará paso a unha sesión vermú amenizada por Los Españoles.

Pola noite, Los Españoles volverán a actuar, nesta ocasión, xunto á orquestra Cinema.
O domingo, a misa e a procesión, amenizada pola Agrupación Dambara Santo Inocencia de Burela, serán ás 13.45 horas e na sesión vermú e verbena dese día actuará o grupo Fénix.

⚙ Configurar cookies
0.16518592834473