Ponte de Outeiro, en Castro de Rei, recupera a Festa do Corpus Christi

LugoXa | TerraChaXa
O cartel inclúe unha comida veciñal e as actuacións musicais dos grupos Alba e Lecer, ademais de sorteos e outras propostas lúdicas
Festa-Xuventude-Ponte-Outeiro
20 Oct 2025

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da I Festa da Xuventude que se celebrará o sábado 25 de outubro na Ponte de Outeiro, no municipio de Castro de Rei. O delegado territorial, Javier Arias, participou no acto xunto ao alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, e representantes da Asociación Cultural e Veciñal Virxe da Portería -organizadora do evento-, que explicaron que o novo formato supón a recuperación da tradicional festa do Corpus Christi da parroquia, que non se celebraba desde hai 35 anos.

Esta nova cita é posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia. O cartel inclúe unha comida veciñal e as actuacións musicais dos grupos Alba e Lecer, ademais de sorteos e outras propostas lúdicas.

Arias gabou o traballo do colectivo organizador por retomar esta celebración e subliñou a importancia de eventos coma este, “que dinamizan as parroquias e abren novos espazos de convivencia para o conxunto dos veciños e veciñas”.

⚙ Configurar cookies
0.077587842941284