Ponte de Outeiro imponse en Trabada nunha nova xornada de billarda

TerraChaXa
Esta fin de semana xogouse a terceira xornada da LNB en Trabada, aínda que por mor do mal tempo tivo que xogarse no seu pavillón municipal.
29 Out 2018

Esta fin de semana xogouse a terceira xornada da LNB en Trabada, aínda que por mor do mal tempo tivo que xogarse no seu pavillón municipal. O cambio de superficie non trocou a racha do equipo da Ponte de Outeiro de Carabullo, que conseguiu de novo a victoria de un dos seus xogadores na categoría individual absoluta e terceira consecutiva, sendo o actual campión da Conferencia Norleste. Charli, que desta volta fixose co triunfo, seguido de Suso Coedo dos Billardeiros Musicais de Ribadeo e Albino, tamén de Carabullo.  Chousa e Albino, os dous de Carabullos, seguen de primeiro e segundo, respectivamente na clasificación xeral separados por tan só un punto.

Na categoría feminina, Paula, de Chainzos-Cadaval (Castro de Rei), tamén mete terra de por medio ante as súas seguidoras, Geni e Ana, separándoas xa nove puntos na clasificación xeral.

Por equipos, por primeira vez en varias tempadas os Billardeiros Musicais baixan das dúas primeiras prazas, sendo desbancados polas Troitas Bravas da Pontenova na segunda posición. De primeiros mantéñense os Carabullos da Ponte de Outeiro. Os chairegos ademáis foron os gañadores da xornada con unha das puntuacións máis altas en unha sóa xornada, 88 puntos, o que lles serve para adiantar a Troitas Bravas en 10 puntos e Billardeiros en 16 na xeral.

A seguinte cita da Liga Nacional de Billarda será en San Miguel de Reinante, ochamado IX Aberto de Flores, no que a representación chairega agarda seguir ca racha e manterse nas máis altas posicións desta Liga.

0.15609097480774