Ponte de Saa celebra as festas na honra a San Ramón os días 18 e 19 de xullo

Ponte de Saa, na parroquia de Insua, en Vilalba, estará de festa esta fin de semana na honra a San Ramón.
As festas iniciaranse o venres 18 ás 20.00 horas cunha liscada e chourizos gratis para todos. Esa mesma noite, ambientará a verbena o dúo Epo-K.
O sabado, a xornada comezará cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida dunha procesión e sesión vermú co trío Rosel, o cal estará de novo na verbena da note, xunto ao dúo Tropical.
A maiores, haberá servizo de polbo e churrasco, cun prezo de 13 euros e 10 euros respectivamente. As reservas deberán realizarse en Casa Alejandro.