Pontoibo traslada a esta fin de semana a súa tradicional poxa nas festas de San Vicente

TerraChaXa
O evento ofrecerá unha combinación única de música, tradición e gastronomía
poxa-pontoibo-as-pontes
23 Jan 2025

A localidade pontesa de Pontoibo celebrará a súa primeira festa tradicional do 2025 finalmente esta semana despois de ter adiada a celebración polo temporal. O San Vicente s, esta fin de semana, os días 25 e 26 de xaneiro, baixo a carpa situada a carón da Capela de San Vicente.

O evento ofrecerá unha combinación única de música, tradición e gastronomía, cun programa que inclúe as actuacións de Kalima 3.0 e Ritmo e Fuego, e o punto culminante será a famosa poxa tradicional que terá lugar o domingo ás 12:00 horas.

Esta poxa centenaria, cuxas orixes remóntanse a 1882, permitirá aos asistentes optar por produtos do campo como xamóns, ovos, mel e sobremesas artesanais. Ao remate, haberá unha paella para compartir entre todos os asistentes.

 

0.1811089515686