Pontoibo celebra este domingo a poxa das festas de San Vicente adiada polo temporal
TerraChaXa
O evento ofrecerá unha combinación única de música, tradición e gastronomía
30 Jan 2025
A localidade pontesa de Pontoibo celebrará parte da súa primeira festa tradicional do 2025 finalmente esta fin de semana despois de ter adiados os actos do domingo polo temporal.
Así, este domingo 2 de febreiro, baixo a carpa situada a carón da Capela de San Vicente terá lugar un evento que é unha combinación única de música, tradición e gastronomía, cun programa que inclúe a actuación da orquestra Fuego en sesión vermú longa. O punto culminante será a famosa poxa tradicional que terá lugar ás 12:00 horas.
Esta poxa centenaria, cuxas orixes remóntanse a 1882, permitirá aos asistentes optar por produtos do campo como xamóns, ovos, mel e sobremesas artesanais. Ao remate, haberá unha paella para compartir entre todos os asistentes.