Pontoibo celebra o sábado a V Festa da Malla

TerraChaXa
A asociación de mulleres rurais de Pontoibo, coa colaboración do Concello das Pontes, organiza o sábado 17 a súa quinta malla tradicional, unha festa que incluirá música e unha comida de confraternidade.
15 Ago 2019

O programa arrincará ás 11.30 horas, coas tarefas de separar o gran da palla, amenizadas polo grupo de música tradicional Non Cómbaro. A continuación, os asistentes degustarán un menú a base de caldo de repolo e costela asada con patacas, ademais das típicas sobremesas, cafés e licores. Para acabar de animar a xornada, actuarán o grupo musical Ambrosia e o solista Suso Moeche.

Os interesados en inscribirse no ágape, que terá un custo de 20 euros para os socios e é gratuíto para nenos e socios, deberán facelo antes do martes 13. Os tickets pódense recoller nos bares Somozas e Ortegal.

0.19261884689331