Por 3ª vez, a xustiza dá a razón á Deputación e obriga pagar costas a non adscrito

TerraChaXa
O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Lugo vén de ditar unha sentenza coa que desestima o recurso presentado polo Deputado non adscrito co obxectivo de paralizar o Orzamento Provincial de 2019.
8 Xuño 2019

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Lugo vén de ditar unha sentenza coa que desestima o recurso presentado polo Deputado non adscrito co obxectivo de paralizar o Orzamento Provincial de 2019. É a 3ª vez que a xustiza dá a razón á Deputación, pois nin aceptou as medidas cautelarísimas nin as cautelares solicitadas para frear de xeito inmediato o presuposto e bloquear todos e cantos proxectos e axudas se destinan aos 67 Concellos e aos máis de 300.000 lucenses. Co convencemento de ter actuado sempre cumprindo rigorosamente a lexislación vixente, cos todos os informes técnicos favorables, con xurisprudencia neste mesmo senso e co aval da xustiza, o Goberno da Deputación executou dende o primeiro día o orzamento provincial, primando coma sempre o interese colectivo de todos os veciños da provincia.

A sentenza recolle o seguinte fallo:

1.-Declarar la inadmisibilidad por inexistencia de actuación administrativa impugnable por el procedimiento especial de derechos fundamentales, del recurso nº 45/2019 interpuesto por D. Manuel Martínez Núñez, contra el acto administrativo impugnado descrito en el Fundamento de Derecho Primero de esta resolución, el cual, en consecuencia, se declara ajustado al ordenamiento jurídico.

2.-Imponer las costas a la demandante limitándolas como máximo a 300 euros.

0.18404102325439