Por Viveiro pide facer no Casino un centro de actividades naúticas e deportivas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Concelleiro de Por Viveiro presentarán no próximo Pleno unha moción na que solicitan converter o edificio do casino nun centro de actividades náuticas e deportivas.
27 Xan 2020

Concelleiro de Por Viveiro presentarán no próximo Pleno unha moción na que solicitan converter o edificio do casino nun centro de actividades náuticas e deportivas.

Segundo explican a sociedade do Casino de Viveiro, unha vez disolta, deixou en mans de Portos de Galicia o edificio situado nos recheos da fachada marítima, edificio que está sendo obxecto de numerosos actos vandálicos, e no que se obxerva un abandono considerable por parte do organismo titular.

Segundo explican, todas as actividades realizadas na ría son froito do traballo "desinteresado" das directivas dos distintos clubs e asociacións, que "a pesar de instalacións pequenas e accesos perigosos ao mar, continúan con ilusión e entusiasmo coa súa actividade". Consideran apropiado un impulso da administración para contar con máis actividades náuticas, como vela ou remo en banco fixo, por poñer algún exemplo.

"Viveiro, carece de locais e instalacións apropiadas para os clubs e entidades deportivas, que na maioría dos casos, contan con locais alugados ou carecen de salas e espazos de reunión", engaden e cren que a "esta edificación é idónea para acoller un Centro de actividades náuticas e deportivas, así mesmo, tamén podería acoller en parte da edificación as instalacións administrativas propias do Porto Deportivo, regresando a Garda Civil do Mar, á edificación que foi realizada para tal fin".

BNG

Ante a moción presentada polo grupo Por Viveiro para destinar o casino a un centro de actividades náuticas, o BNG de Viveiro considera o texto da moción curto de miras. "Tan só se fala do edificio, que pasa coas pistas e o espazo que o rodea? Menciona os clubes de piragüismo, de remo, de submarinismo...mais, dentro das posibilidade todos os clubes xa conta con instalacións", din dende o BNG.

"Por todos é sabido que a nosa mocidade non ten un lugar onde pasar o tempo, fóra dos bares e a rúa, cunha casa da xuventude completamente insuficiente. Por iso dende o BNG de Viveiro, consideramos que o edificio do casino e a súa contorna, debera destinarse a atender a esa franxa de idade que a día de hoxe non conta cun espazo. Convertir o Casino nun centro polivalente, aberto a todos os colectivos, con actividades programadas, material deportivo e incluso sala de festas parece a opción máis sensanta".

"Dado o estado de deterioro das instalacións non podemos pedir sen máis que sexa cedido, outra pataca quente coma o peirao, incluso unha vez despois da reparación, pois unha instalación deste tipo supón un custe adicional ás arcas do concello en canto a mantemento e persoal, polo que consideramos necesario implicar neste proxecto á Dirección Xeral de Xuventude, un aspecto máis polo que o texto da moción resulta insuficiente", rematan dicindo.

 

0.18419194221497