Por Viveiro reuníuse coa xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro
Bernardo Fraga, Manuel Galdo e Paula Ínsua, participaron nunha reunión con representantes da Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, encabezada polo seu Presidente José Veiga e trasladoulle a felicitación polo éxito do traballo realizado nestes últimos anos.
Bernardo Fraga, manifestou que dende o goberno, Por Viveiro, traballaremos en colaboración coa Xunta de Cofradías para que a Semana Santa continúe como referencia internacional, e proxecte a mellor das imaxes do noso Concello.
Os independentes, apoiaron ademais a demanda, da creación dun Museo de Arte Sacro, que recolla o gran valor artístico e cultural do que dispón Viveiro.
Unha representación da candidatura de POR VIVEIRO, formada por Bernardo Fraga, Manuel Galdo, Dani Hermida e Paula Ínsua, reuníronse esta mañá coa directiva do Seminario de Estudos Terra de Viveiro. O obxecto da xuntanza foi o traslado do programa de Por Viveiro en canto á política cultural.
Os independentes de Por Viveiro, destacaron o traballo continuo do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, na promoción e difusión da cultura local, e comprometéronse a traballar en conxunto co obxectivo de que Viveiro conte cunha política cultural de primeiro nivel.
Os independentes trasladaron a idea de convertir o antiguo centro comarcal, na Casa da Cultura de Viveiro. Un verdadeiro centro cultural que acollerá a maior parte das actividades culturais, tales como exposicións, charlas, coloquios ou conferencias, cunha programación de carácter permanente e anual.