Portos de Galicia vén de iniciar as obras de mellora dos peiraos de Ribadeo e Mirasol

TerraChaXa | LugoXa
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar as obras de renovación do sistema de protección de amarre do peirao pesqueiro de Ribadeo.
3 Out 2020

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de iniciar as obras de renovación do sistema de protección de amarre do peirao pesqueiro de Ribadeo. Esta actuación consiste na substitución das defensas da zona de atraque. Ata agora nesta zona situábanse defensas de rosario que serán substituídas por outras novas que se colocarán verticalmente ancoradas ao peirao.

En total colocaranse 10 novas defensas dos modelos V-300 e VA-300, que habilitarán sete zonas de atraque. Ademais recuperaranse seis defensas da zona da rampla e o martelo interior do pantalán. 

Así mesmo, a actuación que Portos de Galicia está a executar inclúe melloras no porto de Mirasol. En concreto procederase á regularización do paramento do dique, eliminando a escada de fábrica existente para poder garantir a seguridade nas operacións de subministro de gasoil. 

Esta actuación consistirá no recheo da zona da escada de fábrica existente con materiais similares e a instalación dunha nova escada vertical en aceiro inoxidable ancorada ao peirao con dúas asas para poder efectuar os labores de subministro de gasóleo con seguridade para os usuarios. A actuación global en ambos portos conta cun investimento de preto de 50.000 euros e un prazo de execución previsto de tres meses. 

 

0.18889617919922