Pousada, na Pastoriza, estará de festa a fin de semana

TerraChaXa
A localidade de Pousada, na Pastoriza está de festa esta fin de semana na honra de Nosa Señora do Rosario.
pousada pastoriza festas portada
16 sep 2022

A localidade de Pousada, na Pastoriza está de festa esta fin de semana na honra de Nosa Señora do Rosario.

As celebracións arrancarán o sábado, ás 14.00 horas coa misa solemne seguida da procesión. Ao oficio relixioso seguirá a actuación de Alaska en sesión vermú, que tamén estará pola noite na verbena xunto a Los Alkar.

O domingo volverá haber misa ás 14.00 horas e procesión e a festa darase por rematada coa sesión vermú do grupo Alba.

pousada pastoriza festas
0.12313103675842