Pousada, no Concello da Pastoriza estará de festa o sábado e o domingo

A parroquia de Pousada, no Concello da Pastoriza, estará de festa o 14 e 15 de setembro nas que celebrará as súas grandes festas na honra a Nosa Señora.
Os actos darán comezo o sábado ás 13.00 horas cunha misa solemne seguida de procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Madastur, que será a mesma que poña a nota musical pola noite xunto ao grupo Beatriz.
O domingo continuarán as celebracións cunha nova misa ás 13.00 e procesión. Despois será a sesión vermú longo a cargo de novo de Madastur.
A organización recorda que haberá campo cuberto con carpa.