Pozomouro organiza unha plantación de árbores de ribeira en Muimenta

TerraChaXa
O colectivo Pozo Mouro ten previsto para este domingo 19 de marzo, unha plantación de árbores de ribeira na área recreativa Ribas do Miño.
plantacion arbores ribeira muimenta pozomouro portada
18 Mar 2023

O colectivo Pozo Mouro ten previsto para este domingo 19 de marzo, unha plantación de árbores de ribeira na área recreativa Ribas do Miño de Muimenta, onde o colectivo celebra o seu festival cultural no mes de agosto.

Á actividade desenvolverase dende as 10.00 horas e ten o obxectivo final de manter este enclave natural.

Poderán participar nesta acción todas as persoas que o desexen.

O colectivo Pozo Mouro celebrará o festival o próximo 19 de agosto nesta mesma contorna na que será a terceira edición.

plantacion arbores ribeira muimenta pozomouro
0.17985391616821