PP e BNG, en contra das conclusións do estudo sobre o sentido de circulación da rúa da Pravia

TerraChaXa
O PP pide o dobre sentido de novo para a vía e o BNG fala de incorreccións e inexactitudes no estudo
rua-da-pravia-vilalba-obras
Rúa da Pravia
26 Xuño 2024

Logo da publicación na xornada de onte do estudo realizado polo Concello sobre a mellor alternativa para o tráfico na rúa da Pravia, os partido da oposición fixeron hoxe un comunicado coas súas queixas.

Os concelleiros do PP de Vilalba esixen a PSOE e Vilalba Aberta que deixen a un lado as súas liortas internas e “por unha vez escoiten aos vilalbeses” para chegar a un punto de acordo e así defender o municipio e ao seu comercio.

Os populares fan esta reflexión tras facerse públicas as discrepancias existentes entre os socios do goberno local en canto ao sentido de circulación da Rúa da Pravia. Ambas formacións encargaron senllos informes para defender a súa postura (o PSOE defende o sentido de circulación cara a estrada de Mondoñedo, mentres que Vilalba Aberta aposta porque a circulación sexa cara a Rábade) cun custo de 28.000€, que se engaden ao xa investido: 1,3M€.

“Se de verdade se preocupasen polos vilalbeses e a economía do municipio recuperarían o dobre sentido de circulación que é o que quere a xente”, sinalan os populares, defendendo unha postura que “é vital para a economía do municipio”.

Este novo enfrontamento entre ámbalas dúas formacións certifica que “en Vilalba temos dous gobernos ben diferenciados”, no que “un di unha cousa e outro, outra, sen preocuparse polos vilalbeses”.

Os concelleiros populares explican que tanto o PSOE como Vilalba Aberta “queren dar a imaxe de que se levan moi ben e que son un goberno unido”, pero a realidade é que “a súa relación está ao límite, como no mandato anterior”.

Dende o PP de Vilalba esixen aos socios de goberno “xestión, coherencia e cabeza” nas súas decisións: “os vilalbeses merecen un goberno local que se preocupe polas súas necesidades e os escoite e a realidade é que agora non o teñen”.

O BNG

Os nacionalistas afirman que este estudo, "está pagado por todos pero dirixido a favorecer o cambio de dirección da rúa sen tratar de ser imparcial, servindo para escusar unha decisión política en función dunha promesa electoral", dixo o seu voceiro.

Aseguran que o estudo ofrece moitas incorreccións e que o estudo realizado con anterioridade xa tiña uns criterios a seguir.

"Pretender que co cambio de dirección da rúa se solucione o problema do comercio non ten nin pés ni cabeza", afirma, e engade que "as zonas axardinadas da praza Suso Gayoso e os cruces de Plácido Peña e rúa da Pravia están deseñadas para o sentido de circulación actual e o cambio sen reformalas compromete a seguridade das manobras".

0.18555116653442